Feeds:
Artigos
Comentarios

8 de Xuño. Día dos Océanos

Chris Jordan. Midway

Participa na limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos convocado por ADEGA. Rinlo Bai invítavos a loitar contra o plástico e o lixo uníndovos a nós na limpeza do Areal de Rinlo o venres 8 de xuño ás 4 da tarde.

Advertisements

Hoxe, 22 de abril, celébrase en todo o mundo o Día da Terra.

Rinlo Bai convoca para mañá sábado día 23 ás 11.00 da mañá ós veciños e a quen queira achegarse ó Areal de Rinlo a botar unha man solidaria na súa limpeza.

ADEGA presenta a campaña de defensa do territorio “Ponte no medio, móvete polo territorio” no Auditorio de Galicia en Santiago.

A cantante de soul e hip hop viguesa Wöyza, acompañada á guitarra por Isaac Garabatos, pechou o acto de presentación:

Manifesto territorio ADEGA

Acto

Lémbrao e lémbrallo ós teus amigos. Hoxe, 26 de marzo, a partir das oito e media, darémoslle unha hora de folgos ó Planeta. Apaga as luces e os aparellos eléctricos que non precises! Aforrar enerxía é loitar contra o quecemento global.

Comeza ben o ano e comprométete en Galicia co Medio Ambiente.

O domingo 31 de outubro pasaremos o día á beira do río colaborando co Proxecto Ríos de ADEGA na inspección biolóxica de outono, para coñecer o seu estado de saúde.  O sábado 30 teremos unha reunión preparatoria para explicar e organizar o traballo de campo. Se queres participar envíanos un correo a rinlobai@gmail.com

O treito que imos recorrer vai dende o Carballo
UTM 29
X 652924
Y 4824045
ata a desembocadura do Río no Areal de Rinlo


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

protocolo PR_limpeza de ríos

Proxecto Ríos