• Inicio
  • Deleites
  • Desgustos
  • Exp. BIC
  • Rehab
  • Novas
  • Doc.

RINLO BAI

Asociación para a defensa do patrimonio natural e cultural de Rinlo

Feeds:
Artigos
Comentarios

Patrimonio Construído

ARQUITECTURA DOMÉSTICA POPULAR:

 

O casarío que conforma o casco urbano está formado por unha arquitectura sinxela de dimensións exiguas en planta cun crecemento en altura peculiar e propio de Rinlo. En Rinlo non atopamos a casa mariñeira dunha planta con soportal e patín típica da zona das Rías Baixas. Rinlo é un núcleo compacto e pechado de costas ó mar, as traseiras forman unha fachada marítima continua puntualmente perforada por ocos mínimos que outean o mar. Sobre esta base levántase arbitrariamente unha amálgama de chemineas, paredóns e lousados de diferentes formas e inclinacións formando un orixinal conxunto de xeometría caprichosa que dentro da súa desorde acada un valor escultórico. A fábrica común do casco urbano compleméntase con magníficos exemplos de edificios singulares como dúas casonas indianas de gran porte, un pavillón modernista, exemplos de arquitectura racionalista dos anos cincuenta, exemplos dos primeiros chalés funcionalistas dos anos setenta, e edificios públicos como a igrexa parroquial e a escola, todo salpicado con construcións adxectivas de uso agrícola como horros e palleiras.

(…)

 

Like this:

Like
  páxina

  • Blogroll

    • A OLA de RINLO
    • RINLO PHOTOESPAÑA
  • Ligazóns de Interese

    • COSTAS MARÍTIMAS
    • CULTURA MARíTIMA
    • CURITIVA
    • D.P.M.T.
    • DUISBURG-NORD
    • EMH
    • EUROPA NOSTRA
    • FCMANRIQUE
    • FERROL VELLO
    • IHBC
    • INGENIERIA Y TERRITORIO
    • ISLAS Y TERRITORIO
    • MARM
    • MAYA LIN
    • THE HIGH LINE
  • Calendario

    Maio 2012
    L M Me X V S D
    « Abr    
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
  • Arquivo

    • Maio 2012
    • Abril 2011
    • Marzo 2011
    • Decembro 2010
    • Outubro 2010
    • Setembro 2010
    • Xullo 2010
    • Xuño 2010
    • Marzo 2010
    • Febreiro 2010
    • Xaneiro 2010
    • Novembro 2009
    • Outubro 2009
    • Agosto 2009
    • Xullo 2009
    • Abril 2009
    • Xaneiro 2009
    • Outubro 2008
    • Setembro 2008
  • Categorías

    • Accións
    • Actuacións
    • ARI
    • bic
    • Conservación
    • Cultura
    • Deleites
    • Ecoloxía
    • Lexislación
    • Noticias
    • Patrimonio
    • Patrimonio Etnografico
    • Rehabilitación
  • Páxinas

    • Deleites
    • Desgustos
    • Doc.
    • Exp. BIC
      • Patrimonio Construído
      • Patrimonio Etnográfico
      • Patrimonio Industrial
      • Patrimonio Natural
    • Novas
    • Rehab
  • Rinlo

    Nas Hortas

    More Photos
  • Quen Somos

    Somos unha asociación cultural que se creou para estudar, promover e coidar o patrimonio de Rinlo, por que entón este nome de Rinlo Bai?
    As dúas formas “fonéticas” son galegas e comparten a orixe latina. Rinlo, non precisa explicación porque é obvio que tenta delimitar o lugar co que nos identificamos. O nome vén de *RIELLU “regatiño, riíño, diminutivo de RIVUS”. Vai (pronunciado “bai”) procede de VADIT, a terceira persoa do verbo *VADERE, próximo semanticamente a IRE “ir”. "Rinlo Bai" quere expresar a vontade de ír cara ó futuro sen perder as referencias do pasado. Pero por que vai con B?
    Bai, con B, representa en tres linguas distintas a filosofía da Asociación.
    A Asociación naceu coa idea de que se non imos ó fondo dos problemas que ameazan a paisaxe e o patrimonio vernáculo é probable que non lles atopemos solución. Esta actitude de ir ó fondo, á raíz das cousas, é sen dúbida unha alternativa “radical”, no sentido etimolóxico derivado de “raíz”. Na historia do galego, a escrita máis radical ata o movemento reintegracionista foi a escrita fonética, a escrita que pretendía simplificar a ortografía do galego escribíndoo como se falaba para así conseguir a alfabetización universal de todos os galegos en galego cando o analfabetismo era unha das grandes lacras do noso país. “Rinlo vai” en escrita fonética é “Rinlo bai”.
    Mais é certo que hai outras razóns na escolla. O nome lévanos mentalmente a Nafarroa Bai, literalmente “Navarra, si!”, que vén ser a representación abertzale que rexeita a violencia pero subscribe os ideais identitarios da Euskal Herria. As xentes de Rinlo manteñen viva a memoria das súas orixes vascas e do seu pasado baleeiro, e o nome da asociación ecoa estes lazos. A partícula adverbial “bai” en vasco é a equivalente á nosa “si”. É unha palabra positiva e de afirmación, e esa é a ideoloxía que a Asociación Rinlo Bai quere transmitir con relación ó patrimonio natural e cultural de Rinlo.
    Temos a “escrita fonética” galega e as orixes míticas do lugar a través do “euskara”, e quédanos a terceira lingua, a lingua dos arquitectos vernáculos galegos, o “verbo”. O “verbo” ou lingua dos “arxinas”, tamén coñecida como “latín dos canteiros”, foi unha xerga profesional secreta, unha lingua inintelixible para o profano, coa que o mestre canteiro transmitía o seu saber ós aprendices do oficio. Dela sabemos que se perde na memoria dos tempos, que posiblemente legou a palabra “ghicho” (“rapaz, tipo”) ó galego común, e que estaba en pleno uso a comezos do século XX. Hoxe só podemos vela nos glosarios que daquela se compilaron. Nestes vocabularios aparece a palabra “bai”, xunto con outras moitas voces que manteñen raíces éuscaras. O significado que neles se lle dá é o de “vale”, similar ó da partícula afirmativa do vasco. “Rinlo vale”. Para nós Rinlo é un todo “valioso” que non ten prezo, un exemplo único da arte dos canteiros que labraron en pedra a paisaxe histórica de Galicia.

  • Licenza de Creative Commons
    This obra by http://rinlobai.wordpress.com/ is licensed under a Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported License.

  • Cetaria de Palabras

    ADEGA administracion local alegación a mariña ambientalismo ARI Axudas bic Conservación costa Ecoloxía exposición fotográfica incoacion iniciativa cidadana lugar etnográfico paseos marítimos Patrimonio Patrimonio Etnografico piscifactoría protección Rehabilitación Rinlo solicitude vandalismo voluntariado

Blogue en WordPress.com.

Tema: MistyLook por Sadish.


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Fornecido por WordPress.com