• Inicio
  • Deleites
  • Desgustos
  • Exp. BIC
  • Rehab
  • Novas
  • Doc.

RINLO BAI

Asociación para a defensa do patrimonio natural e cultural de Rinlo

Feeds:
Artigos
Comentarios

Exp. BIC

Rinlo é un enclave pintoresco inextricablemente unido a un contorno natural de gran valor ecolóxico e antropolóxico. Conscientes disto a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural trámita dende setembro do 2008 o expediente para declarar Rinlo un Lugar de Interese Etnográfico. Na actualidade só existen en Galicia dóus sitios declarados  dentro desta categoría: Seceda e Froxán, ambos no Courel. Non sucede así en Asturias onde case todas as vilas mariñeiras están protexidas: Cudillero, Lastres, Tazones, Castropol…o recoñecemento de Rinlo significará recoñecer o valor da nosa cultura tradicional, a cultura dun pobo que soubo adaptarse o medio sen destruílo. A continuación un extracto dos contidos da memoria do expediente.

CONTIDOS:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

MEMORIA DESCRITIVA:

NOME

LOCALIZACIÓN

LEXISLACIÓN APLICABLE

NIVEL DE PROTECCIÓN

XUSTIFICACIÓN E NECESIDADE DA DECLARACIÓN

REFERENCIAS DOCUMENTAIS:

Referencias Escritas

Referencias Cartográficas

Referencias Literarias

Referencias Pictóricas

PATRIMONIO CONSTRUÍDO:

O Núcleo Histórico: Orixe e Desenvolvemento

Arquitectura Doméstica Popular:

A Casa entre Medianeiras

Arquitectura Doméstica Singular:

A Casa Grande

A Casa Indiana

A Casa Modernista

A Casa Racionalista

Arquitectura Pública:

A Igrexa Parroquial

A Casa Escola

PATRIMONIO INDUSTRIAL:

Primeira Cetárea

Segunda Cetárea

Terceira Cetárea

PATRIMONIO ETNOGRÁFICO:

Horros

Peches

Corredoiras

Praias

Pontigos

Bodegas

Hortas

Fornos

Fontes

Lavadoiros

ESTADO DE CONSERVACIÓN E CRITERIOS DE INTERVENCIÓN

DELIMITACIÓN MOTIVADA DO CONTORNO PROTEXIDO

CONCLUSIÓN

BIBLIOGRAFÍA

ARQUIVOS

INFORMADORES

ANEXOI: ALBUM FOTOGRÁFICO

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O Porto de Rinlo é un dos enclaves arquitectónicos mais pintorescos da Mariña de Lugo. A singularidade da súa implantación urbana, unida ós valores paisaxísticos da zona e á especial idiosincrasia dos seus habitantes, reflectida na súa arquitectura, fan de Rinlo un dos portos mariñeiros máis significativos de Galicia. A pesar disto, o conxunto de Rinlo non tivo desgraciadamente un apoio claro en favor da súa valoración e conservación. Efectivamente, o interese oficial pola cultura e o patrimonio marítimo foi ata agora marxinal. Se a esta falta de protección institucional lle sumamos por un lado, o prexuízo cara ó “antigo” que anega a sociedade galega, e por outro, a adopción indiscriminada de modas e técnicas restauradoras inapropiadas ós sistemas construtivos tradicionais, podémonos explicar a penosa situación de debacle cultural que sofre Galicia, coa previsible desaparición do patrimonio vernáculo e en particular dos exemplos máis modestos como está sucedendo coas construcións populares mariñeiras, aparellos de pesca e obxectos da vida cotiá.

Considerando que hoxe contamos cunha lexislación que permite un recoñecemento e protección clara do patrimonio etnolóxico e que corresponde ó goberno autónomo desempeñar un papel decisivo na salvagarda deste patrimonio, rógaselle á Consellería de Cultura que tramite o expediente de declaración de Ben de Interese Cultural coa categoría de Lugar Etnográfico, en favor do Porto de Rinlo e que proceda ó inventariado e catalogación dos seus elementos patrimoniais máis destacados.

MEMORIA DESCRIPTIVA:

NOME:

Rinlo. Parroquia de San Pedro de Rinlo. Concello de Ribadeo. Provincia de Lugo. Comunidade Autónoma de Galicia.

LOCALIZACIÓN:

Na rasa Cantábrica, sobre a rocha viva do acantilado, na enseada que forma a desembocadura do río San Xillao. Dista 6,5 km da capital municipal, Ribadeo (declarado conxunto histórico dende 1998) e 3 km da Praia das Catedrais (declarada monumento natural pola Xunta de Galicia e dende 2003 Lugar de Interese Comunitario (L.I.C.)). O casco antigo dista 1 km da N-634 coa que se comunica polo ramal autonómico LU-141. O núcleo limita polo norte co mar Cantábrico, A Devesa e Vilaframil polo sur, o mar Cantábrico e Vilaframil polo leste e o mar Cantábrico e A Devesa polo oeste. O río San Xillao, a punta Corveira, a Pena dos Corvos, a praia da Areosa, o Corno Grande e a punta Lapela son os seus principais accidentes xeográficos. Rinlo está incluído dentro do bordo costeiro que forma parte do espazo natural protexido e catalogado como “Rede Natura 2000″.

LEXISLACIÓN APLICABLE:

* Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.

* Decreto 430/1991 do 30 de Decembro polo que se regula a tramitación para a declaración de Ben de Interese Cultural de Galicia.

* Decreto 449/1973 do 22 de Febreiro polo que se colocan baixo a protección do Estado os “Hórreos” ou “Cabazos” antigos existentes en Asturias e Galicia.

* Ley 16/1985, de 25 de junio, del patrimonio Histórico Español.

A Lei 8/1995 no seu título IV, define como patrimonio etnográfico os lugares e os bens mobles e inmobles, así como as actividades e coñecementos que constitúen formas relevantes ou expresións da cultura e modos de vida tradicionais e propios do pobo galego nos seus aspectos materiais e inmateriais. Calquera destes tipos de expresión cultural propia da vida tradicional galega terá valor etnográfico e gozará de protección. Segundo o establecido na Lei son as administracións públicas ás que lles corresponde un papel fundamental en relación co patrimonio cultural e en concreto establécese nas Disposicións Xerais do Título Preliminar que é a Comunidade Autónoma a quen lle corresponde a competencia exclusiva sobre o patrimonio cultural de interese de Galicia.

NIVEL DE PROTECCIÓN:

O núcleo urbano de Rinlo está afectado pola Lei 22/1988, de 28 de xullo, de Costas, aprobada por Real Decreto 1471/1989, do 1 de decembro. Tódalas casas do borde marítimo están afectadas pola servidume do Dominio Público Marítimo-Terrestre, que en zonas urbanas consolidadas colle os primeiros 20 metros dende a liña da ribeira. Esta liña pasa a rente das casas da Ribeira e a Mirandilla polo que estas edificacións están afectadas pola servidume de tránsito. Esta servidume colle os seis primeiros metros dende a liña da ribeira para libre circulación de coches de salvamento. Está servidume, pola propia configuración urbana do asentamento queda garantida pola rúa interior, dada a imposibilidade física de circular polo acantilado. Neste tramo son de aplicación as disposicións contidas na Disposición Transitoria cuarta da Lei de Costas e décimo terceira do seu Regulamento. O Plan Xeral de Ordenación Municipal, en fase de aprobación inicial, non contempla ningún nivel de protección, agás a catalogación do edificio da Escola, a Casa Grande da Ruanova, e a Reitoral e a redacción dunhas ordenanzas de casco antigo. Foi aprobado no último pleno do mes de xullo a solicitude dun A.R.I. (Area de Rehabilitación Integral) para o casco.

XUSTIFICACIÓN E CONVENIENCIA DA DECLARACIÓN DE BIC:

A Lei de Costas de 1989, preservou a fachada marítima de Rinlo da especulación urbanística dos últimos anos, pero a conservación do patrimonio construído non é competencia da Lei de Costas e polo tanto esta Lei restritiva en canto ás intervencións no litoral non prevé medidas para a recuperación e conservación do patrimonio histórico construído á beira do mar senón a protección e desfrute do medio natural no que se asenta (…)

Like this:

Like
  páxina

Está páxina contén as seguintes subpáxinas:

  • Patrimonio Etnográfico
  • Patrimonio Natural
  • Patrimonio Construído
  • Patrimonio Industrial

  • Blogroll

    • A OLA de RINLO
    • RINLO PHOTOESPAÑA
  • Ligazóns de Interese

    • COSTAS MARÍTIMAS
    • CULTURA MARíTIMA
    • CURITIVA
    • D.P.M.T.
    • DUISBURG-NORD
    • EMH
    • EUROPA NOSTRA
    • FCMANRIQUE
    • FERROL VELLO
    • IHBC
    • INGENIERIA Y TERRITORIO
    • ISLAS Y TERRITORIO
    • MARM
    • MAYA LIN
    • THE HIGH LINE
  • Calendario

    Maio 2012
    L M Me X V S D
    « Abr    
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
  • Arquivo

    • Maio 2012
    • Abril 2011
    • Marzo 2011
    • Decembro 2010
    • Outubro 2010
    • Setembro 2010
    • Xullo 2010
    • Xuño 2010
    • Marzo 2010
    • Febreiro 2010
    • Xaneiro 2010
    • Novembro 2009
    • Outubro 2009
    • Agosto 2009
    • Xullo 2009
    • Abril 2009
    • Xaneiro 2009
    • Outubro 2008
    • Setembro 2008
  • Categorías

    • Accións
    • Actuacións
    • ARI
    • bic
    • Conservación
    • Cultura
    • Deleites
    • Ecoloxía
    • Lexislación
    • Noticias
    • Patrimonio
    • Patrimonio Etnografico
    • Rehabilitación
  • Páxinas

    • Deleites
    • Desgustos
    • Doc.
    • Exp. BIC
      • Patrimonio Construído
      • Patrimonio Etnográfico
      • Patrimonio Industrial
      • Patrimonio Natural
    • Novas
    • Rehab
  • Rinlo

    Nas Hortas

    More Photos
  • Quen Somos

    Somos unha asociación cultural que se creou para estudar, promover e coidar o patrimonio de Rinlo, por que entón este nome de Rinlo Bai?
    As dúas formas “fonéticas” son galegas e comparten a orixe latina. Rinlo, non precisa explicación porque é obvio que tenta delimitar o lugar co que nos identificamos. O nome vén de *RIELLU “regatiño, riíño, diminutivo de RIVUS”. Vai (pronunciado “bai”) procede de VADIT, a terceira persoa do verbo *VADERE, próximo semanticamente a IRE “ir”. "Rinlo Bai" quere expresar a vontade de ír cara ó futuro sen perder as referencias do pasado. Pero por que vai con B?
    Bai, con B, representa en tres linguas distintas a filosofía da Asociación.
    A Asociación naceu coa idea de que se non imos ó fondo dos problemas que ameazan a paisaxe e o patrimonio vernáculo é probable que non lles atopemos solución. Esta actitude de ir ó fondo, á raíz das cousas, é sen dúbida unha alternativa “radical”, no sentido etimolóxico derivado de “raíz”. Na historia do galego, a escrita máis radical ata o movemento reintegracionista foi a escrita fonética, a escrita que pretendía simplificar a ortografía do galego escribíndoo como se falaba para así conseguir a alfabetización universal de todos os galegos en galego cando o analfabetismo era unha das grandes lacras do noso país. “Rinlo vai” en escrita fonética é “Rinlo bai”.
    Mais é certo que hai outras razóns na escolla. O nome lévanos mentalmente a Nafarroa Bai, literalmente “Navarra, si!”, que vén ser a representación abertzale que rexeita a violencia pero subscribe os ideais identitarios da Euskal Herria. As xentes de Rinlo manteñen viva a memoria das súas orixes vascas e do seu pasado baleeiro, e o nome da asociación ecoa estes lazos. A partícula adverbial “bai” en vasco é a equivalente á nosa “si”. É unha palabra positiva e de afirmación, e esa é a ideoloxía que a Asociación Rinlo Bai quere transmitir con relación ó patrimonio natural e cultural de Rinlo.
    Temos a “escrita fonética” galega e as orixes míticas do lugar a través do “euskara”, e quédanos a terceira lingua, a lingua dos arquitectos vernáculos galegos, o “verbo”. O “verbo” ou lingua dos “arxinas”, tamén coñecida como “latín dos canteiros”, foi unha xerga profesional secreta, unha lingua inintelixible para o profano, coa que o mestre canteiro transmitía o seu saber ós aprendices do oficio. Dela sabemos que se perde na memoria dos tempos, que posiblemente legou a palabra “ghicho” (“rapaz, tipo”) ó galego común, e que estaba en pleno uso a comezos do século XX. Hoxe só podemos vela nos glosarios que daquela se compilaron. Nestes vocabularios aparece a palabra “bai”, xunto con outras moitas voces que manteñen raíces éuscaras. O significado que neles se lle dá é o de “vale”, similar ó da partícula afirmativa do vasco. “Rinlo vale”. Para nós Rinlo é un todo “valioso” que non ten prezo, un exemplo único da arte dos canteiros que labraron en pedra a paisaxe histórica de Galicia.

  • Licenza de Creative Commons
    This obra by http://rinlobai.wordpress.com/ is licensed under a Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported License.

  • Cetaria de Palabras

    ADEGA administracion local alegación a mariña ambientalismo ARI Axudas bic Conservación costa Ecoloxía exposición fotográfica incoacion iniciativa cidadana lugar etnográfico paseos marítimos Patrimonio Patrimonio Etnografico piscifactoría protección Rehabilitación Rinlo solicitude vandalismo voluntariado

Blogue en WordPress.com.

Tema: MistyLook por Sadish.


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Fornecido por WordPress.com