O pleno do Concello aprobou por unanimidade a ratificación do novo proxecto da ARI para Rinlo. O alcalde, Fernando Suárez, di que “se trata dun asunto de primeiro nivel que levamos a pleno, unha vez cumplimentadas [sic] todas as melloras que nos propuxeron desde a Consellería de Vivenda sobre todo para que desde o primeiro [...]
Arquivo para a categoría ‘Rehabilitación’
“ MUCH ADO ABOUT NOTHING”
Publicado en ARI, bic, Noticias, Patrimonio, Patrimonio Etnografico, Rehabilitación, etiquetado administracion local, ARI, Axudas, bic, Rehabilitación o Xaneiro 20, 2009 | Deixar un comentario »
Blogroll
Ligazóns de Interese
Calendario
Arquivo
Categorías
Páxinas
-
Rinlo

More Photos Quen Somos
Somos unha asociación cultural que se creou para estudar, promover e coidar o patrimonio de Rinlo, por que entón este nome de Rinlo Bai?
As dúas formas “fonéticas” son galegas e comparten a orixe latina. Rinlo, non precisa explicación porque é obvio que tenta delimitar o lugar co que nos identificamos. O nome vén de *RIELLU “regatiño, riíño, diminutivo de RIVUS”. Vai (pronunciado “bai”) procede de VADIT, a terceira persoa do verbo *VADERE, próximo semanticamente a IRE “ir”. "Rinlo Bai" quere expresar a vontade de ír cara ó futuro sen perder as referencias do pasado. Pero por que vai con B?
Bai, con B, representa en tres linguas distintas a filosofía da Asociación.
A Asociación naceu coa idea de que se non imos ó fondo dos problemas que ameazan a paisaxe e o patrimonio vernáculo é probable que non lles atopemos solución. Esta actitude de ir ó fondo, á raíz das cousas, é sen dúbida unha alternativa “radical”, no sentido etimolóxico derivado de “raíz”. Na historia do galego, a escrita máis radical ata o movemento reintegracionista foi a escrita fonética, a escrita que pretendía simplificar a ortografía do galego escribíndoo como se falaba para así conseguir a alfabetización universal de todos os galegos en galego cando o analfabetismo era unha das grandes lacras do noso país. “Rinlo vai” en escrita fonética é “Rinlo bai”.
Mais é certo que hai outras razóns na escolla. O nome lévanos mentalmente a Nafarroa Bai, literalmente “Navarra, si!”, que vén ser a representación abertzale que rexeita a violencia pero subscribe os ideais identitarios da Euskal Herria. As xentes de Rinlo manteñen viva a memoria das súas orixes vascas e do seu pasado baleeiro, e o nome da asociación ecoa estes lazos. A partícula adverbial “bai” en vasco é a equivalente á nosa “si”. É unha palabra positiva e de afirmación, e esa é a ideoloxía que a Asociación Rinlo Bai quere transmitir con relación ó patrimonio natural e cultural de Rinlo.
Temos a “escrita fonética” galega e as orixes míticas do lugar a través do “euskara”, e quédanos a terceira lingua, a lingua dos arquitectos vernáculos galegos, o “verbo”. O “verbo” ou lingua dos “arxinas”, tamén coñecida como “latín dos canteiros”, foi unha xerga profesional secreta, unha lingua inintelixible para o profano, coa que o mestre canteiro transmitía o seu saber ós aprendices do oficio. Dela sabemos que se perde na memoria dos tempos, que posiblemente legou a palabra “ghicho” (“rapaz, tipo”) ó galego común, e que estaba en pleno uso a comezos do século XX. Hoxe só podemos vela nos glosarios que daquela se compilaron. Nestes vocabularios aparece a palabra “bai”, xunto con outras moitas voces que manteñen raíces éuscaras. O significado que neles se lle dá é o de “vale”, similar ó da partícula afirmativa do vasco. “Rinlo vale”. Para nós Rinlo é un todo “valioso” que non ten prezo, un exemplo único da arte dos canteiros que labraron en pedra a paisaxe histórica de Galicia.-

This obra by http://rinlobai.wordpress.com/ is licensed under a Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported License. Cetaria de Palabras
ADEGA administracion local alegación a mariña ambientalismo ARI Axudas bic Conservación costa Ecoloxía exposición fotográfica incoacion iniciativa cidadana lugar etnográfico paseos marítimos Patrimonio Patrimonio Etnografico piscifactoría protección Rehabilitación Rinlo solicitude vandalismo voluntariado