INVITACIÓN SEDE_Ás Portas de Rinlo 25/10/2009. Galicia Hoxe Decorado melancólico A exposición Ás portas de Rinlo, composta por fotografías de Fernando Páez, está aberta na sala do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na praza da Quintana. Aparecen persoas que están esperando por algo, por alguén ou por ninguén, por nada. Vale a pena esperar? [...]
Arquivo para a categoría ‘Deleites’
Fernando Páez_Praza da Quintana_Santiago
Publicado en Accións, Actuacións, Cultura, Deleites, Noticias, Patrimonio, etiquetado a mariña, bic, exposición fotográfica, iniciativa cidadana, lugar etnográfico, Patrimonio Etnografico, protección, Rinlo o Outubro 7, 2009 | Deixar un comentario »
Blogroll
Ligazóns de Interese
Calendario
Arquivo
Categorías
Páxinas
-
Rinlo

More Photos Quen Somos
Somos unha asociación cultural que se creou para estudar, promover e coidar o patrimonio de Rinlo, por que entón este nome de Rinlo Bai?
As dúas formas “fonéticas” son galegas e comparten a orixe latina. Rinlo, non precisa explicación porque é obvio que tenta delimitar o lugar co que nos identificamos. O nome vén de *RIELLU “regatiño, riíño, diminutivo de RIVUS”. Vai (pronunciado “bai”) procede de VADIT, a terceira persoa do verbo *VADERE, próximo semanticamente a IRE “ir”. "Rinlo Bai" quere expresar a vontade de ír cara ó futuro sen perder as referencias do pasado. Pero por que vai con B?
Bai, con B, representa en tres linguas distintas a filosofía da Asociación.
A Asociación naceu coa idea de que se non imos ó fondo dos problemas que ameazan a paisaxe e o patrimonio vernáculo é probable que non lles atopemos solución. Esta actitude de ir ó fondo, á raíz das cousas, é sen dúbida unha alternativa “radical”, no sentido etimolóxico derivado de “raíz”. Na historia do galego, a escrita máis radical ata o movemento reintegracionista foi a escrita fonética, a escrita que pretendía simplificar a ortografía do galego escribíndoo como se falaba para así conseguir a alfabetización universal de todos os galegos en galego cando o analfabetismo era unha das grandes lacras do noso país. “Rinlo vai” en escrita fonética é “Rinlo bai”.
Mais é certo que hai outras razóns na escolla. O nome lévanos mentalmente a Nafarroa Bai, literalmente “Navarra, si!”, que vén ser a representación abertzale que rexeita a violencia pero subscribe os ideais identitarios da Euskal Herria. As xentes de Rinlo manteñen viva a memoria das súas orixes vascas e do seu pasado baleeiro, e o nome da asociación ecoa estes lazos. A partícula adverbial “bai” en vasco é a equivalente á nosa “si”. É unha palabra positiva e de afirmación, e esa é a ideoloxía que a Asociación Rinlo Bai quere transmitir con relación ó patrimonio natural e cultural de Rinlo.
Temos a “escrita fonética” galega e as orixes míticas do lugar a través do “euskara”, e quédanos a terceira lingua, a lingua dos arquitectos vernáculos galegos, o “verbo”. O “verbo” ou lingua dos “arxinas”, tamén coñecida como “latín dos canteiros”, foi unha xerga profesional secreta, unha lingua inintelixible para o profano, coa que o mestre canteiro transmitía o seu saber ós aprendices do oficio. Dela sabemos que se perde na memoria dos tempos, que posiblemente legou a palabra “ghicho” (“rapaz, tipo”) ó galego común, e que estaba en pleno uso a comezos do século XX. Hoxe só podemos vela nos glosarios que daquela se compilaron. Nestes vocabularios aparece a palabra “bai”, xunto con outras moitas voces que manteñen raíces éuscaras. O significado que neles se lle dá é o de “vale”, similar ó da partícula afirmativa do vasco. “Rinlo vale”. Para nós Rinlo é un todo “valioso” que non ten prezo, un exemplo único da arte dos canteiros que labraron en pedra a paisaxe histórica de Galicia.-

This obra by http://rinlobai.wordpress.com/ is licensed under a Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported License. Cetaria de Palabras
ADEGA administracion local alegación a mariña ambientalismo ARI Axudas bic Conservación costa Ecoloxía exposición fotográfica incoacion iniciativa cidadana lugar etnográfico paseos marítimos Patrimonio Patrimonio Etnografico piscifactoría protección Rehabilitación Rinlo solicitude vandalismo voluntariado