• Inicio
  • Deleites
  • Desgustos
  • Exp. BIC
  • Rehab
  • Novas
  • Doc.

RINLO BAI

Asociación para a defensa do patrimonio natural e cultural de Rinlo

Feeds:
Artigos
Comentarios

Doc.

EUROPA NOSTRA: DOCUMENTOS

CARTA DO PATRIMONIO VERNÁCULO CONSTRUÍDO (1999)
Ratificada pola 12ª Asemblea Xeral en México, en outubro de 1999


INTRODUCIÓN

O Patrimonio Tradicional ocupa un privilexiado lugar no afecto e cariño de todos os pobos. Aparece como un resultado característico e atractivo da sociedade. Móstrase aparentemente irregular e non obstante ordenado. É utilitario e ó mesmo tempo posúe interese e beleza. É un lugar de vida contemporánea e, á súa vez, unha lembranza da historia da sociedade. É tanto o traballo do home como a creación do tempo. Sería moi digno para a memoria da humanidade se se tivese coidado en conservar esa tradicional harmonía que constitue a referencia da súa propia existencia.


O Patrimonio Tradicional ou Vernáculo construído é a expresión fundamental da identidade dunha comunidade, das súas relacións co territorio e, asemade, a expresión da diversidade cultural do mundo.


O Patrimonio Vernáculo construído constitúe o modo natural e tradicional en que as comunidades produciron o seu propio hábitat. Forma parte dun proceso continuo, que inclúe cambios necesarios e unha continua adaptación como resposta ós requirimentos sociais e ambientais. A continuidade desta tradición vese ameazada en todo o mundo polas forzas da homoxeneización cultural e arquitectónica. Como esas forzas poden ser controladas é o problema fundamental que debe ser resolto polas distintas comunidades, así como polos gobernos, planificadores e por grupos multidisciplinares de especialistas.


Debido a esa homoxeneización da cultura e da globalización socio-económica, as estruturas vernáculas son, en todo o mundo, extremadamente vulnerables, e enfróntanse a serios problemas de obsolescencia, equilibrio interno e integración.


Cómpre, por tanto, como ampliación á Carta de Venecia, establecer principios para o coidado e protección do noso Patrimonio Vernáculo.


CONSIDERACIÓNS XERAIS


1.
Os exemplos do vernáculo poden ser recoñecidos por:

-Un modo de construír emanado da propia comunidade.

-Un recoñecible carácter local ou rexional ligado ó territorio.

-Coherencia de estilo, forma e aparencia, así como o uso de tipos arquitectónicos tradicionalmente establecidos.

-Sabedoría tradicional no deseño e na construción, que é transmitida de maneira informal.

-Unha resposta directa ós requirimentos funcionais, sociais e ambientais.

-A aplicación de sistemas, oficios e técnicas tradicionais de construción.

2. O éxito na apreciación e protección do patrimonio vernáculo depende do apoio da comunidade, da continuidade de uso e o seu mantemento.


3. Gobernos e autoridades deben recoñecer o dereito de todas as comunidades a manter o seu modo de vida tradicional e a protexelo a través de todos os medios posibles, tanto legais como administrativos e financeiros e legalo ás xeracions futuras.

PRINCIPIOS DE CONSERVACIÓN


1. A conservación do Patrimonio Vernáculo construído debe ser levada a cabo por grupos multidisciplinares de expertos, que recoñezan a inevitabilidade dos cambios, así como a necesidade do respecto á identidade cultural establecida dunha comunidade.


2. As intervencións contemporáneas en edificios, conxuntos e asentamentos vernáculos deben respectar os seus valores culturais e o seu carácter tradicional.


3. O tradicional atopase só en ocasións representado por estruturas singulares. É mellor apreciado e conservado polo mantemento e preservación dos conxuntos e asentamentos de carácter representativo en cada una das áreas.


4. O Patrimonio Vernáculo construído forma parte integral da paisaxe cultural e esta relación debe ser, como tal, tida en consideración no transcurso dos programas de conservación e desenvolvemento.

5. O Patrimonio Vernáculo non só obedece ós elementos materiais, edificios, estruturas e espazos, senón tamén ó modo en que é usado e interpretado pola comunidade, así como ás tradicións e expresións intanxibles asociadas ó mesmo.


LIÑAS DE ACCIÓN


1. Investigación e documentación


Calquera intervención material nunha estrutura vernácula debe ser precedida dun completo análise da súa forma e organización, antes de comezar os traballos. Esta documentación debe localizarse nun arquivo de acceso público.


2. Asentamentos e paisaxe


A intervención nas estruturas vernáculas debe ser implementada sempre e cando respecte e manteña a integridade dos conxuntos de edificios e asentamentos, así como a súa relación coa paisaxe e outras estruturas.


3. Sistemas tradicionais de construción


A continuidade dos sistemas tradicionais de construción, así como dos oficios e técnicas asociadas co Patrimonio Vernáculo, son fundamentais como expresión do mesmo e esenciais para a restauración de ditas estruturas. Tales técnicas deben ser conservadas e legadas ás futuras xeracións, mediante a educación e formación de artesáns e construtores.


4. Substitución de partes ou elementos


As intervencións que respondan lexitimamente ás demandas do uso contemporáneo deben levarse a cabo mediante a introdución de técnicas e materiais que manteñan un equilibrio de expresión, aparencia, textura e forma coa estrutura orixinal.


5. Adaptación


A adaptación e reutilización das estruturas vernáculas debe ser levada a cabo de modo que respecten a integridade da súa configuración, sempre que sexa compatible cos niveis de habitabilidade desexados. Cando se conserve a continua utilización de formas vernáculas, un código ético pode servir á comunidade como pauta de actuación.


6. Cambios e período de intervención


Os cambios ó longo do tempo deben ser considerados como parte integrante do Patrimonio Vernáculo. Polo tanto, a vinculación de todas as partes dun edificio a un só período histórico non será normalmente obxectivo dos traballos sobre arquitectura vernácula.


7. Educación e difusión

Para conservar os valores do legado tradicional, os gobernos, autoridades, grupos e organizacións deben poñer énfase no seguinte:

-Programas educativos para conservadores, sobre os principios do patrimonio tradicional.

-Programas de especialización para asistir ás comunidades no mantemento dos sistemas

tradicionais de construción, así como dos oficios correspondentes.

-Programas de información que promovan a conciencia colectiva da cultura autóctona, en

especial a das novas xeracións.

-Promoción de redes rexionais de arquitectura vernácula para o intercambio de

experiencias e especialistas.

CIAV :
Madrid, 30 de xaneiro de 1996
Jerusalem, 28 de marzo de 1996
Mikkeli, 26 de febreiro de 1998
Santo Domingo, 26 de agosto de 1998.

ICOMOS :
Stockholm, 10 de setembro de 1998

CARTA DE VENECIA (1964)

CARTA INTERNACIONAL SOBRE A CONSERVACIÓN
E A RESTAURACIÓN DE MONUMENTOS E
CONXUNTOS HISTÓRICO-ARTÍSTICOS

II Congreso Internacional de Arquitectos e
Técnicos de Monumentos Históricos, Venecia 1964

Aprobada por ICOMOS en 1965

“Cargadas dunha mensaxe espiritual do pasado, as obras monumentais dos pobos seguen sendo no día de hoxe a testemuña viva das tradicións seculares. A humanidade, que cada día toma máis conciencia da unidade dos valores humanos, consideraos como un patrimonio común, e de cara ás xeneracións futuras, recoñécese solidariamente responsable da súa salvagarda. Debe transmitilos en toda a riqueza da súa autenticidade.

Polo tanto, é esencial que os principios que deben presidir a conservación e a restauración dos monumentos sexan establecidos de común acordo e formulados nun plan internacional deixando que cada nación coide de asegurar a súa aplicación no marco da súa propia cultura e tradicións.

Dándolle unha primera forma a estes principios fundamentais, a Carta de Atenas de 1931 contribuíu ó desenvolvemento dun vasto movemento internacional, traducido principalmente nos documentos nacionais, e na actividade do ICOM e da UNESCO e na creación, por esta última, dun Centro internacional de estudos para a conservación dos bens culturais. A sensibilidade e o espíritu crítico vertidos sobre problemas cada vez máis complexos e máis sutís, achegan o momento de reexaminar os principios da Carta co fin de profundizar neles e de ensanchar o seu contido nun novo documento. En consecuencia, o II Congreso Internacional de Arquitectos e de Técnicos de Monumentos Históricos, reunido en Venecia do 25 o 31 de maio de 1964, aprobou o siguinte texto:

DEFINICIÓNS

Artígo 1º – A noción de monumento histórico comprende a creación arquitectónica illada así como o conxunto urbano ou rural que dá testimonio dunha civilización particular, dunha evolución significativa, o dun acontecemento histórico. Refírese non só as grandes creacións senón tamén as obras modestas que foron adquirindo co tempo unha significación cultural.

Artígo 2º – A conservación e restauración de monumentos constitúe unha disciplina que abarca todas as ciencias e todas as técnicas que poidan contribuir ó estudio e a salvagarda do patrimonio monumental.

Artígo 3º – A conservación e restauración de monumentos tende a salvagardar tanto a obra de arte como a testemuña histórica.

CONSERVACIÓN

Artígo 4º – A conservación de monumentos implica primeramente a constancia no seu mantemento.

Artígo 5º – A conservación de monumentos resulta sempre favorecida pola súa dedicación a unha función útil á sociedade; tal dedicación é por suposto desexable pero non pode alterar a ordenación ou decoración dos edificios. Dentro destes límites é onde se debe concebir e autorizar os acondicionamentos esixidos pola evolución dos usos e costumes.

Artígo 6º – A conservación dun monumento implica a dun marco a súa escala. Cando o marco tradicional subsiste, éste será conservado, e toda construcción nova, toda destrucción ou calquer arranxo que puidera alterar as relacións entre os volúmes e as cores, será desbotada.

Artígo 7º – O monumento é inseparable da historia de que é testemuña e do lugar no que está ubicado. En consecuencia, o desplazamento de todo ou parte dun monumento non pode consentirse nada mais que cando a salvagarda do monumento o esixa ou cando razóns dun grande interese nacional ou internacional o xustifiquen.

Artígo 8º – Os elementos de escultura, pintura ou decoración que son parte integrante dun monumento sólo poden ser separados cando esta medida sexa a única viáble para asegurar a súa conservación.

RESTAURACIÓN

Artígo 9º – A restauración é unha operación que debe ter un carácter excepcional. Ten como fin conservar e revelar os valores estéticos e históricos do monumento e fundaméntase no respeito á esencia antiga e ós documentos auténticos. O seú límite está alí onde comenza a hipótesis: no plano das reconstitucións baseadas en conxeturas, todo traballo de complemento recoñecido como indispensable por razóns estéticas ou técnicas aflora da composición arquitectónica e levará a marca do noso tempo. A restauración estará siempre precedida e acompañada dun estudio arqueolóxico e histórico do monumento.

Artígo 10º – Cando as técnicas tradicionais se mostran inadecuadas, a consolidación dun monumento pode ser asegurada valéndose de todas as técnicas modernas de conservación e de construción cuxa eficacia fose demostrada con bases científicas e garantida pola experiencia.

Artígo 11º – As valiosas aportacións de todas as épocas na edificación dun monumento deben ser respetadas, posto que a unidade de estilo non é un fin a conseguir nunha obra de restauración. Cando un edificio presenta varios estilos superpostos, a desaparición dun estadio subxacente non se xustifica máis que excepcionalmente e baixo a condición de que os elementos eliminados non teñan apenas interés, que o conjxunto posto ó descuberto constitúa unha testemuña de alto valor histórico, arqueolóxico ou estético, e que o seu estado de conservación se xuzgue suficiente. O xuízo sobre o valor dos elementos en cuestión e a decisión das eliminacións a efectuar non poden depender únicamente do autor do proxecto.

Artígo 12º – Os elementos destinados a reemprazar as partes inexistentes deben integrarse armoniosamente no conxunto, distinguíndose claramente das orixinais, co fin de que a restauración non falsifique o documento artístico ou histórico.

Artígo 13º – Os engadidos non deben ser tolerados en tanto que non respeten todas as partes interesantes do edificio, o seu trazado tradicional, o equilibrio da súa composición e as súas relacións co medio ambiente.

LUGARES MONUMENTAIS (CONXUNTOS HISTÓRICO-ARTÍSTICOS)

Artígo 14º – Os lugares monumentais deben ser obxecto de atencións especiais ó fin de salvaguardar a súa integridade e de asegurar o seu saneamento, tratamento e realce. Os traballos de conservación e de restauración que neles sexan executados deben inspirarse nos principios enunciados nos artígos precedentes.

EXCAVACIÓNS

Artígo 15º – Os traballos de excavacións deben levarse a cabo de acordo coas normas científicas e coa “Recomendación que define os principios internacionais á aplicar en materia de excavacións arqueolóxicas” adoptada pola UNESCO en 1956.

O mantemento das ruínas e as medidas necesarias para a conservación e proteción permanente dos elementos arquitectónicos e dos obxetos descubertos deben estar garantidos. Ademáis, emplearánse todos os medios que faciliten a comprensión do monumento descuberto sen desnaturalizar o seu significado.

Calquer traballo de reconstrución deberá, sen embargo, excluírse a priori; sólo a anastilosis pode terse en conta, e decir, a recomposición das partes existentes pero desmembradas. Os elementos de integración serán sempre recoñecibles e constituirán o mínimo necesario para asegurar as condicións de conservación do monumento e restablecer a continuidade das súas formas.

DOCUMENTACIÓN E PUBLICACIÓN

Artígo 16º – Os traballos de conservación, de restauración e de excavación irán sempre acompañados da elaboración dunha documentación precisa, en forma de informes analíticos e críticos, ilustrados con debuxos e fotografías. Todas as fases do traballo de desmontaxe, consolidación, recomposición e integración, así como os elementos técnicos e formais identificados ó longo dos traballos, serán alí consignados. Esta documentación será depositada nos archivos dun organismo público e posta á disposición dos investigadores; recoméndase a súa publicación”.

A destrucción do litoral galego_Greenpeace

POL Cantabria

POL Rede de camiños e sendas do litoral

Ley_7_2008_ProteccionPaisaje_Galicia

PPG15

PROXECTO COMUNITARIO DE RECUPERACIÓN DUNHA CETARIA

bases_ari_boletin.pdf

Like this:

Like
  páxina

  • Blogroll

    • A OLA de RINLO
    • RINLO PHOTOESPAÑA
  • Ligazóns de Interese

    • COSTAS MARÍTIMAS
    • CULTURA MARíTIMA
    • CURITIVA
    • D.P.M.T.
    • DUISBURG-NORD
    • EMH
    • EUROPA NOSTRA
    • FCMANRIQUE
    • FERROL VELLO
    • IHBC
    • INGENIERIA Y TERRITORIO
    • ISLAS Y TERRITORIO
    • MARM
    • MAYA LIN
    • THE HIGH LINE
  • Calendario

    Maio 2012
    L M Me X V S D
    « Abr    
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
  • Arquivo

    • Maio 2012
    • Abril 2011
    • Marzo 2011
    • Decembro 2010
    • Outubro 2010
    • Setembro 2010
    • Xullo 2010
    • Xuño 2010
    • Marzo 2010
    • Febreiro 2010
    • Xaneiro 2010
    • Novembro 2009
    • Outubro 2009
    • Agosto 2009
    • Xullo 2009
    • Abril 2009
    • Xaneiro 2009
    • Outubro 2008
    • Setembro 2008
  • Categorías

    • Accións
    • Actuacións
    • ARI
    • bic
    • Conservación
    • Cultura
    • Deleites
    • Ecoloxía
    • Lexislación
    • Noticias
    • Patrimonio
    • Patrimonio Etnografico
    • Rehabilitación
  • Páxinas

    • Deleites
    • Desgustos
    • Doc.
    • Exp. BIC
      • Patrimonio Construído
      • Patrimonio Etnográfico
      • Patrimonio Industrial
      • Patrimonio Natural
    • Novas
    • Rehab
  • Rinlo

    Nas Hortas

    More Photos
  • Quen Somos

    Somos unha asociación cultural que se creou para estudar, promover e coidar o patrimonio de Rinlo, por que entón este nome de Rinlo Bai?
    As dúas formas “fonéticas” son galegas e comparten a orixe latina. Rinlo, non precisa explicación porque é obvio que tenta delimitar o lugar co que nos identificamos. O nome vén de *RIELLU “regatiño, riíño, diminutivo de RIVUS”. Vai (pronunciado “bai”) procede de VADIT, a terceira persoa do verbo *VADERE, próximo semanticamente a IRE “ir”. "Rinlo Bai" quere expresar a vontade de ír cara ó futuro sen perder as referencias do pasado. Pero por que vai con B?
    Bai, con B, representa en tres linguas distintas a filosofía da Asociación.
    A Asociación naceu coa idea de que se non imos ó fondo dos problemas que ameazan a paisaxe e o patrimonio vernáculo é probable que non lles atopemos solución. Esta actitude de ir ó fondo, á raíz das cousas, é sen dúbida unha alternativa “radical”, no sentido etimolóxico derivado de “raíz”. Na historia do galego, a escrita máis radical ata o movemento reintegracionista foi a escrita fonética, a escrita que pretendía simplificar a ortografía do galego escribíndoo como se falaba para así conseguir a alfabetización universal de todos os galegos en galego cando o analfabetismo era unha das grandes lacras do noso país. “Rinlo vai” en escrita fonética é “Rinlo bai”.
    Mais é certo que hai outras razóns na escolla. O nome lévanos mentalmente a Nafarroa Bai, literalmente “Navarra, si!”, que vén ser a representación abertzale que rexeita a violencia pero subscribe os ideais identitarios da Euskal Herria. As xentes de Rinlo manteñen viva a memoria das súas orixes vascas e do seu pasado baleeiro, e o nome da asociación ecoa estes lazos. A partícula adverbial “bai” en vasco é a equivalente á nosa “si”. É unha palabra positiva e de afirmación, e esa é a ideoloxía que a Asociación Rinlo Bai quere transmitir con relación ó patrimonio natural e cultural de Rinlo.
    Temos a “escrita fonética” galega e as orixes míticas do lugar a través do “euskara”, e quédanos a terceira lingua, a lingua dos arquitectos vernáculos galegos, o “verbo”. O “verbo” ou lingua dos “arxinas”, tamén coñecida como “latín dos canteiros”, foi unha xerga profesional secreta, unha lingua inintelixible para o profano, coa que o mestre canteiro transmitía o seu saber ós aprendices do oficio. Dela sabemos que se perde na memoria dos tempos, que posiblemente legou a palabra “ghicho” (“rapaz, tipo”) ó galego común, e que estaba en pleno uso a comezos do século XX. Hoxe só podemos vela nos glosarios que daquela se compilaron. Nestes vocabularios aparece a palabra “bai”, xunto con outras moitas voces que manteñen raíces éuscaras. O significado que neles se lle dá é o de “vale”, similar ó da partícula afirmativa do vasco. “Rinlo vale”. Para nós Rinlo é un todo “valioso” que non ten prezo, un exemplo único da arte dos canteiros que labraron en pedra a paisaxe histórica de Galicia.

  • Licenza de Creative Commons
    This obra by http://rinlobai.wordpress.com/ is licensed under a Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-SenObraDerivada 3.0 Unported License.

  • Cetaria de Palabras

    ADEGA administracion local alegación a mariña ambientalismo ARI Axudas bic Conservación costa Ecoloxía exposición fotográfica incoacion iniciativa cidadana lugar etnográfico paseos marítimos Patrimonio Patrimonio Etnografico piscifactoría protección Rehabilitación Rinlo solicitude vandalismo voluntariado

Blogue en WordPress.com.

Tema: MistyLook por Sadish.


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Fornecido por WordPress.com