Hoxe, 22 de abril, celébrase en todo o mundo o Día da Terra.
Rinlo Bai convoca para mañá sábado día 23 ás 11.00 da mañá ós veciños e a quen queira achegarse ó Areal de Rinlo a botar unha man solidaria na súa limpeza.
Hoxe, 22 de abril, celébrase en todo o mundo o Día da Terra.
Rinlo Bai convoca para mañá sábado día 23 ás 11.00 da mañá ós veciños e a quen queira achegarse ó Areal de Rinlo a botar unha man solidaria na súa limpeza.
Publicado en Accións | 1 Comentario »
ADEGA presenta a campaña de defensa do territorio “Ponte no medio, móvete polo territorio” no Auditorio de Galicia en Santiago.
A cantante de soul e hip hop viguesa Wöyza, acompañada á guitarra por Isaac Garabatos, pechou o acto de presentación:
Publicado en Accións | Deixar un comentario »
Lémbrao e lémbrallo ós teus amigos. Hoxe, 26 de marzo, a partir das oito e media, darémoslle unha hora de folgos ó Planeta. Apaga as luces e os aparellos eléctricos que non precises! Aforrar enerxía é loitar contra o quecemento global.
Publicado en Accións, Actuacións, Ecoloxía | Deixar un comentario »
Comeza ben o ano e comprométete en Galicia co Medio Ambiente.
Publicado en Accións, Ecoloxía | Deixar un comentario »
O domingo 31 de outubro pasaremos o día á beira do río colaborando co Proxecto Ríos de ADEGA na inspección biolóxica de outono, para coñecer o seu estado de saúde. O sábado 30 teremos unha reunión preparatoria para explicar e organizar o traballo de campo. Se queres participar envíanos un correo a rinlobai@gmail.com
O treito que imos recorrer vai dende o Carballo UTM 29 X 652924 Y 4824045 ata a desembocadura do Río no Areal de Rinlo
Publicado en Accións | Deixar un comentario »
Publicado en Accións, Ecoloxía | Etiquetado voluntariado | Deixar un comentario »
A “I FESTA DE EXALTACIÓN DO CEMENTO” é o nome paródico e retranqueiro do evento popular que o foro “Máis Talento e Menos Cemento organiza en Reinante para por en evidencia a salvaxe transformación urbanística da paisaxe mariñá”
Publicado en Accións, Cultura | Deixar un comentario »
Publicado en ARI | Etiquetado ARI, Rehabilitación | Deixar un comentario »
Escribe Eduardo Mendoza en La Ciudad de los Prodigios:
“Las sucesivas expansiones de la ciudad se hicieron sin orden ni criterio, de cualquier modo, con el único propósito de meter en algún sitio a los que ya no cabían en los sectores construidos hasta entonces y sacar el máximo beneficio de la operación. Los barrios acabaron de segregar para siempre las clases sociales y las generaciones entre sí y el deterioro de lo antiguo se convirtió en el único indicio cualitativo del progreso.“
…o caos construtivo, a segregación, a perda da nosa identidade. Estes son os temas prioritarios sobre os que hai que deterse e reflexionar.
Máis talento e menos cemento nace en FACEBOOK coa intención de unir as voces de todas as persoas comprometidas co territorio. Un foro creado para impulsar e por en práctica os valores da nosa democracia promovendo a unión de tódolos cidadáns libres preocupados polas súas vilas, cidades e aldeas e, polo tanto, decididos a esixir un cambio de rumbo nas actuacións dos administradores públicos. Cidadáns dispostos a traballar para impedir a arbitrariedade, o abandono e a improvisación; e coa capacidade, o compromiso e a ilusión necesarias para imaxinar unha Mariña diferente. Unha Mariña dinámica e moderna, con posibilidades de xerar riqueza e oportunidades para todos a través dun modelo económico sostible baseado no respecto ó patrimonio herdado, á natureza e ós valores da comunidade tradicional.
Publicado en Accións | Etiquetado a mariña, costa, Ecoloxía, iniciativa cidadana, Patrimonio | Deixar un comentario »